29.4.05

O poder da curiosidade

Ía de volta a casa, cavilando no que vira. Nunca tal cousa sentira, nunca tivera esa sensación despois de ver algo.Aquela imaxe era puro reflexo da súa vida, na soidade máis profunda, no silencio absoluto, caída como unha pedra nun mar sen fondo.
Tantas veces pasara por diante daquela casa sen dono, e nunca se atrevera a entrar.Só unha vez se achegara ó xardín e desbotara a idea namais pisalo.Pero aquel día era distinto, estaba decidida a entrar.
Abriu a cancela, ruxeu da ferruxe que tiña. Cruzou o xardín que outras veces tanto medo lle dera. Estaba cheo de follas caídas polo paso de moitos outonos e que ninguén barrera. A casa era vella, moi vella.A porta da casa daba a un corredor longo e escuro, cunhas escaleiras retortas ó fondo.Ela estaba confusa, non sabía que faguer,pero unha forza interior obrigábaa a continuar.
Quen sabe o tempo que ela pasou alí, quizáis unha ou dúas horas. Estaba no piso de arriba,cun falso teito xa roto polos anos, unha sensación de humidade coma a que produce cando se está nunha lagoa a que nunca lle da o sol. Había unha porta pechada entre tódalas abertas, unha bágoa dun peixe nun mar de terra. A curiosidade non a deixaba pensar, decidiu abrila sen máis.
E alí estaba, o que despóis tanto que pensar lle daría.




20.4.05

improvisando

Cando non se sabe o que contar,habitualmente fálase por falar.Pero nós non respetamos os costumes, e ímosvos contar un suceso.
Hoxe día 20 de abril(mañá hai feira en Chantada)no recreo aconteceu unha novidade.Dúas mozas de 1º de Bacharelato, entre elas unha que escribe ahora aquí, deulles a cabeciña para armar unha función.Pero contámovolo dende o comezo.
Fixeron un traballo sobre o magnífico libro de Xela Arias, Intempériome. Ata aí o normal. Hoxe no recreo convocaron as dúas clases de 1ºde bach.¡e armárona!.Fixeron un xogo no que había que reunir as palabras que faltaban nos poemas da autora.Gañaron tres rapaces, pero iso é o de menos.Alí había bebidas para todos, aínda que o camareiro non era alá moi bo. Mesturaba o Cas limón coa Cola, e dalí saía cada mestura...
O fin que foi unha festa,no medio de tantos libros.¡ Xa tendes unha idea para os recreos!

13.4.05

Grandes cheas

Achegueime ó meu pai. Estaba sentado no sofá, coma sempre, lendo La voz de Galicia co seu xesto serio. Cando me viu miroume con mala cara. Ese día o xornal falaba de que o 10% dos rapaces solía ir ós botellóns frecuentemente e con finalidade para emborracharse. Xa me saltou co típico discurso, propio del, para intentar inculcarme as normas que lle parecían correctas. ¡Malditas enquisas! E precisamente este día que saíra a noticia tiña o cumpreanos do meu amigo Ramón.
Tiven a sorte de que ese día os meus pais marcharon a unha cea e eu aproveitei para achegarme a festa. Ó fin acabamos no parque, cun botellón. Comezei a falar con Ramón, non paraba de traerme bebidas, trouxome unha especial da que tomei varias copas seguidas. Xa era hora de marchar, os meus pais xa estarían a chegar. Cando ía cara a casa deume un mareo, agarreime a unha papeleira que había ó lado e botei o que tiña dentro, a metade na papeleira e a outra metade fora. Senteime na beirarrúa, a cabeza dábame voltas, arrimeime a parede e quedei durmido.

Ó día seguinte acordei na casa de Luis, estaba deitado no sofá. ¿Qué facía eu alí? Mirei o reloxo da parede, eran as doce e vinte. Tiña agudo dor de cabeza e unha sequía na boca que non era normal. Busquei a cociña e agarrei un vaso de auga, bebino.
O caso e que despóis chegou Luis e contoume o acontecido, cando chegara a casa íame caer unha boa...


NOTA: Baseado en feitos reais non moi afastados do noso ambiente.