24.1.05

O que se di sempre

Hoxe empezamos a publicar e, como non hai moita arte nin sabemos o que contar, imos empezar dicindo o que se di sempre...
Damosvos a benvida a todos os que nos visitedes, que ides ser poucos, e esperamos que vos guste.
No futuro daremos a nosa opinion sobre temas literarios e informaremos os cibernautas de temas diversos.
O nome ven do pendello que teño na miña casa e que esta a punto de caer, queriamoslle dar unha homenaxe antes de que veña o chao.
Como non nos deiraron poñer a foto do pendello de casa, se alguén sabe como se fai que dea razón.
Gustaríanos que nos derades a vosa opinion para orientar as nosas publicación e saber do que queredes que falemos.
E nada máis, ata o venres que ven que non temos tempo para escribir(moitas gañas tampouco).
Que disfrutedes do entroido.E vinde a Chantada que os hai muy bos e a Salcedo onde sae o oso.