lugar fermoso
Allariz échevos ben fermoso, nos nunca alá chegáramos ata o venres pasado que fumos de excursión. ¡E ben contentos que quedamos do lugar!
Por esas terras pasa o río Arnoia, fermoso, tranquilo e tan cheo de vida. Nel refréganse os parrulos e brincan as troitas ante a mirada dun compracido ollador. Non e de extrañar que xenios coma Ferrín fixáranse nel, para darlle as grazas.
Pero non pensedes que só hai río; ata alí achegáronse para facer A lingua das bolboretas (fermosa película, por certo), atraidos polos seus paisaxes e as súas rúas empinadas e retortas, pero nobres por ter acollido a figuras coma Vicente Risco; que hoxe ten alí unha casa-museo.
Bueno, e que máis decirvos, só que, cando teñades algo de tempo e gañas, achegédesvos por alí, veredes como paga a pena.