O tempo da verbena
Chega o tempo da verbena, o tempo da romaría, das festas campestres e tamén chega o tempo de despedirnos de vos. Pero esta despedida e só momentánea porque esperamos seguir escribindo no verán, pero non vos estrañedes se non é con tanta regularidade, seguramente que estaremos estudiando...
Temos dous meses para gozar do momento: ir a praia e cantar alí " ¡ aguanta a nevera, María aguanta a nevera, aguanta a neveeeeeeeeeraaaaaa!, o campo e cantar alí "a raiz do toxo verdeeee, e moi mala de arrincareeeee, pero se non tedes sachoooooos, traemósvoloooooos nós , ¡eeeeeeehi!", para ir a lúa e cantar alí "hai un ghalego na luna, luna; hai ghalego na luna que veu de Chantada", na horta e cantar alí "prantando o seboliño na leira do lado, ascoitei un ruido algho raaaaro..." FESTA!!!!!
Un saúdo para todos os que nos seguen, aiqui estamos para o que vos faga falta. Estamos agradecidos de que nos comentedes.
Un bico para todos, esperemos que teñades un bo verán.
3 Comments:
Seee estudiando...máis ben d festa!
Seguide escribindo q eu sigo comentando. XD
Nós tamén vos votaremos de menos todos o venres,luns,martes...!!!Sodes incribles!!!!ánimo,e a seguir escribindo!!!
jeje,eso de estudiar no verán...despois do bo curso se fixestedes os dous..!!Agora disfrutar de estes dous meses de vacacións!!!
Bicos do recuncho(Soraya)!!!
Seguide disfrutando do verán, pero logo esperamos traer novemente as vosas verbas a este mundo etéreo.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home