13.5.05

Unha semana alonxada da rutina

Está ben que a xente se interese máis pola poesía, que millor xeito de facelo que tendo unha semana da poesía no I.E.S.
O primeiro día da semana comezamos arrendando o noso salón de reunións. Estivemos unha hora para lograr colocar o mellor posible os traballos feitos por nós na pasada avaliación. Pola tarde, despois de xantar, estivémoslles explicando ós alumnos do primeiro ciclo da Eso a nosa forma de ver a poesía.
Chegou o martes e nós seguimos contándolles as nosas movidas sobre a poesía. Xa na tarde, organizouse un obradoiro de poesía para que quixese participar, non fomos moitos a verdade, uns traballaron e outros a maiores aínda botaron unhas risas. Alí estaban de organizadores un dos que esta a escribir eiquí, a maiores de Tania, Soraya e Celia que axudaron no que puideron.
O mércores foi o día grande, ou porque pensades que esta no medio da semana? Presentáronse no recinto dous poetas, ben admirados por nós. Recitaron algunhas das súas poesías pechadas cun gran aplauso da xente que asistiu o seu encontro. Maria Lado e Igor Lugrís, que aínda non dixéramos os seus nomes, mostraronse moi amables e felicitáronnos polo noso traballo.
Xoves, día de poesía na rede, con Figueiras de xefe. Algúns animaronse e descubrimos páxinas moi interesantes.
Venres, ou sexa hoxe. No recreo que vai ser agora, ten lugar o recitado de poesía que pecha o evento.
Oghallá se volva repetir en anos vindeiros esta esperiencia que nos achega a este mundo que tanto nos gusta e que tan pouco coñecemos.
Un saúdo para todos os lectores que hai tempo que non o facemos.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Enoraboa polo blogger!!!Encántame, ánimo con el!!!A verdade que esta semana foi increíbel e inolvidabel!!!Dende logo que hai que repetir!!!Moitos biquiños da voas compañeira do recuncho dos venres.
(Soraya)

10:29 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home