29.4.05

O poder da curiosidade

Ía de volta a casa, cavilando no que vira. Nunca tal cousa sentira, nunca tivera esa sensación despois de ver algo.Aquela imaxe era puro reflexo da súa vida, na soidade máis profunda, no silencio absoluto, caída como unha pedra nun mar sen fondo.
Tantas veces pasara por diante daquela casa sen dono, e nunca se atrevera a entrar.Só unha vez se achegara ó xardín e desbotara a idea namais pisalo.Pero aquel día era distinto, estaba decidida a entrar.
Abriu a cancela, ruxeu da ferruxe que tiña. Cruzou o xardín que outras veces tanto medo lle dera. Estaba cheo de follas caídas polo paso de moitos outonos e que ninguén barrera. A casa era vella, moi vella.A porta da casa daba a un corredor longo e escuro, cunhas escaleiras retortas ó fondo.Ela estaba confusa, non sabía que faguer,pero unha forza interior obrigábaa a continuar.
Quen sabe o tempo que ela pasou alí, quizáis unha ou dúas horas. Estaba no piso de arriba,cun falso teito xa roto polos anos, unha sensación de humidade coma a que produce cando se está nunha lagoa a que nunca lle da o sol. Había unha porta pechada entre tódalas abertas, unha bágoa dun peixe nun mar de terra. A curiosidade non a deixaba pensar, decidiu abrila sen máis.
E alí estaba, o que despóis tanto que pensar lle daría.




3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Bufff a ver, q había? Quedei intigada...A curiosidade corroeme por dentro XD

3:50 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Ola ana e rafa¡¡¡Sodes uns artistas nesto dos relatos, espero ler moitos máis e coa mesma intriga e suspense.

Unha aperta dunha Xacia (Celia)

4:06 p. m.  
Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

8:38 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home