11.2.05

invocando a choiva

Xa fai ben tempo que non chove por estes lares. Ben é certo que nos queremos bo tempo pero a choiva tamén e moi necesaria. Non hai máis que mirar pra as árbores para ver a falta que lles fai.
O outro dia iamos polo monte e fixamonos nun carballo que pedia a berros que lle deran de beber. Cando chegamos a casa demonos conta de que devíamos axudar dalgún modo a este carballo e ós seus irmaos.
Como non os podemos regar todos queremos invocar a choiva con este poema de Uxio Novoneira:

CHOVE maina e calada.
Veinse os fuis da auga
contra as bandas das penas...
En soutos e devesas
as pingoadas esbaran e baixan
petando de folla en folla.
Por veces
co vento a ruxidoira
medra i esvece
en ondas que ún alonga...
Esperemos que así sexa e que este noso amigo carballo se encha de auga.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Estamos aquí de cachondeo mirando o voso blog. Que todo hai que decilo está moi moi ben. Esperamos que sigades publicando con esta calidade. Desexámosvos moita sorte.

6:15 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home