20.4.05

improvisando

Cando non se sabe o que contar,habitualmente fálase por falar.Pero nós non respetamos os costumes, e ímosvos contar un suceso.
Hoxe día 20 de abril(mañá hai feira en Chantada)no recreo aconteceu unha novidade.Dúas mozas de 1º de Bacharelato, entre elas unha que escribe ahora aquí, deulles a cabeciña para armar unha función.Pero contámovolo dende o comezo.
Fixeron un traballo sobre o magnífico libro de Xela Arias, Intempériome. Ata aí o normal. Hoxe no recreo convocaron as dúas clases de 1ºde bach.¡e armárona!.Fixeron un xogo no que había que reunir as palabras que faltaban nos poemas da autora.Gañaron tres rapaces, pero iso é o de menos.Alí había bebidas para todos, aínda que o camareiro non era alá moi bo. Mesturaba o Cas limón coa Cola, e dalí saía cada mestura...
O fin que foi unha festa,no medio de tantos libros.¡ Xa tendes unha idea para os recreos!

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Unha moi boa idea para que fagan outros compañeiros e compañeiras. Realmente a lingua é un xogo... educativo.
Xenevra

7:27 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Siiii. Encantoume o "botellón" literario. Pero xa me gustara o xogo co libro de Lupe Gómez. Seguide así. Bicos

7:39 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Si, gustoume o xogo, só lástima de q algúns perdesen o bocadillo XD eu comino igual XD

2:51 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

"Alí había bebidas para todos, aínda que o camareiro non era alá moi bo. Mesturaba o Cas limón coa Cola, e dalí saía cada mestura..."

Jelou, aqui o Camareiro (con maiúscula) desa especie de aborto de botellón.
Só queria dicir na miña defensa que ma pillaron en frío. Eu en realidade o que queria era ir comer o bocata de lomo e queixo onda a Marisa... Tamén quero dicir que a bebida estaba boísisisisma (ou se non... por qué se bebía tabnta?) Ups, será porque eu non botaba outra cousa...
Noraboa polaS páxinaS... Eu tamén quería... jejeje.

Sau2 dende o CibErEsPaZoO!!!

7:05 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home