15.3.05

Un becho pouco visto

O cozarello é unha especie moi rara nestas terras. Onde hai ben diles é alá por Monforte. Dixeronnos que no luscofusco é cando se poden ver algúns.
Imosvos contar a historia que lles aconteceu a tres amigos nosos na súa chegada a Monforte (ían facer un ciclo de agraria), e seica teñen unha finca de moitas hectáreas con montes no medio e todo. O que pasou foi que os poucos días de chegar alí, e como eran primeirizos no lugar, contáronlles a historia do cozarello. E esta historia ben a decir así:
O cozarello (especie apreciada pola súa nutritiva carne) hai que ir buscalo entre o día e a noite, como xa dixemos antes. O truco para collelo e ir cun saco nin moi grande nin ca boca moi pequena, e ir repetindo polos sitios onde hai máis maleza: ¡ UN, DOS, TRES, CATRO, COZARELLO Ó SACO ! Ó primeiro a sorte non vos é moi boa pero ó ir pasando os minutos e ir caendo a noite van saindo do seu cocho.
Istes amigos nosos seica non tiveron moita sorte na súa busca, pero se vos queredes intentalo xa sabedes o que tedes que facer. ¡ E haber se tedes máis sorte que estes probes rapazes !

1 Comments:

Blogger acedre said...

POLO PORRINHO TEMOS UN BECHO QUE E O PIOPARDO E HAI QUE CAZALO IGUAL, IGUALINHO QUE O COZARELLO.
sORTE SE O CAZAS.
cHAUCINHO.

10:23 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home