11.3.05

Destrucción

Fai hoxe un ano, Madrid despertaba co ruído das bombas, bombas que levaron consigo as vidas de moitas persoas que facían a súa rutina diaria e que non contaban atopar a morte ó sair da casa.
Pero cousas parecidas a estas acontécenvos no mundo deica pouco a diario, senón a diario, semanalmente. Pasa, que estamos afeitos a ver nos medios de comunicación cousas do tipo de: decenas de mortos en Palestina, coche bomba mata a trinta persoas en Irak; e outras como: soldados estadounidenses torturan a presos Irakís, tropas nortamericanas bombardean un vehículo cun prisioneiro recén liberado...
Pero a este terrorismo ninguén lle di nada, e como os mortos son "os de alá", aínda mellor.
Ven eiquí ó caso una canción dos Suaves de Ourense (grupo que nos gusta moito), que di así:



Do oriente chegan catro xinetes
son mensaxeiros de odio e de morte
son o terror, irmáns,guerra inclemente
que arrastrará cruelmente feridos polas súas mans
corpos sin vida os que onte foron ós séus irmans.
Levas o rencor dun fusil
porque ti non sabes que os odios
son semillas de destrucción.
O teu deus teno todo, ti nada tes
pero sin embargo matar podes
virtude ser inhumán, ¡ moi ben irmán !
fanático iracundo, que podes nun segundo
namentres falas de liberdade arrasas o mundo
Levas o rencor dun fusil
...
Cavou o mundo a súa tumba, volveuse tolo
non se respeta ó home, non se respeta o voto
Odias ó teu veciño, mentres rezas a Deus
nadan mortos no río que a Cristo bautizou
de día contra a guerra, navallas despóis do sol.
Levas o rencor dun fusil
...
Galernas no norte é o sur de España
medo negro, perfidia branca.
Comtempla o mundo irmán e pensa un pouco
ser libre non é ser tolo, ser xusto non é ser forte
defende a túa liberdade ata morte.
Levas o rencor dun fusil
...

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

a tortura dos soldados americanos os presos irakis son demostrables como o testemuñan as famosas e sonadas fotografias que nos bombardearon durante o transcurso da guerra,non se pode permitir iso ,sobre todo cando se esta a pedir polos dereitos dos presos,en todo o mundo,e cada vez con mais impetu na actualidade.sen embargo,non hay nada mais sanguinario que pagar a venganza coa morte de inocentes.que culpa tiñan os estadounidenses,e as victimas de madrid????????????pois ises foron os de ala,fanaticos relixiosos que nunca poderan encontrar o seu lugar nin a funcion que cumpren niste mundo.non obstante,terrorismo non e solo ese,a violencia domestica esta a orde do dia e ainde segue a saturar as nosas pantallas unha guerra que puido supor un error pero que non debe acaparar a nosa atencion no dia actual.vivmos nun mundo no que non hai sitio para debiles.

11:07 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Ola Rafa e Ana! é a 2ªvez que visitamos o voso blog, e hoxe que temos tempo, non podemos deixar pasar a oportunidade de vos gabar unha vez máis por nos facer sentir esa inmensidade... esa realidade da que non sempre somos conscientes. Grazas por agasallarnos cos vosos relatos. FELICIDADES e moitos bicos de dúas rapazas que intentan adentrarse no voso mundo...

4:48 p. m.  
Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

8:35 a. m.  
Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

4:46 a. m.  
Blogger Unknown said...

Este comentario ha sido eliminado por el autor.

9:06 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home