1.9.05

O fin da verbena

Remata o tempo da verbena, das romarias, das festas campestres, e con el remata as horas de lecer e as longas tardes inesquecibeis. O verán trouxo con el ledicia e felicidade.
A verdade e que disfrutamos de cada momento, aínda que apenas pisamos a area da praia e cambiamos a auga salgada do mar por un recuncho da piscina, sempre ateigada de xente.
Botaremos de menos Viveiro, os concertos, as moitas festas que disfrutamos: sobor de todo as do Carme (que deron fin onte) e especialmente o día da Empanada, onde o viño corria polas gorxas como corren as horas neste mes de setembro que comeza.Tamen as xuntanzas con amigos de nunca e de sempre que chegan nos meses de sol e marchan cando o inverno comeza a ensinar a sua fria realidade.
Pero non todo e malo, o curso que inevitablemente comeza tamen pode deixarnos bos momentos, ou polo menos iso e o que esperamos del.

Benvidos a todos os ciberamigos dende os pendellos.

3 Comments:

Blogger Xacias said...

A verdade é que este verán foi fugaz, pero intenso.
Pasaron moitas cousas inolvidábeis, e outras que, esperemos, se olviden ben pronto. Per así facendo un reconto de todo o vivido, este verán leva unha nota de sobre en diversión.
Ah! felicidades polo post que está moi ben, aínda que se fixo desexar...
E sigo dicindo PASÁDEVOS por Xacias comentádenos algo.
Muitos biquiNhos da Xacia Dovalinha

9:15 p. m.  

Anonymous Anónimo said...

Bennnnnn todo o veran desexand ver 1 post en pendellos e por fin escribides! Si o veran remata camd parece q aind acaba d comezar e tems volver otra vez a rutina... pero deixou felices recordos!
Sauds

11:14 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home