6.9.05

A bufanda de cores

Lucía camiñaba pola rúa envolta na súa bufanda de cores, sentíase realmente ben cando a levaba, era a mesma calor que sentia cando el a apertaba. Tiña medo de camiñar e non chegar a ningunha parte, a soidade enfriáballe o corpo. Avanzou uns pasos pola calle mollada ata que chegou a una cafeteria. Sentou nunha mesa, sacou a bufanda e pediu un chocolate quente para revivir. Mentres o tomaba colleu o paquete que el lle regalara polo seu aniversario do seu bolso, abriuno.Era un libro, na primeira páxina leu..esta vez xa non hai lugar para a esperanza...Despois de lelo levantouse e marchou. Deixou naquel café a Joyce, a bufanda de cores e a esperanza que sentia cando el a apertaba. Saiu a rúa e quixo camiñar ata chegar a ningures..

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Chulisísimo o relato!!
Ten razón Lucía, ás veces é mellor camiña até ningures faltos de esperanza!

9:56 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Bua...moloulle jajaja
En serio, gustoume, eu tampouco tiña esperanzas d q voverades escribir XD

10:31 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home