17.6.05

O tempo da verbena

Chega o tempo da verbena, o tempo da romaría, das festas campestres e tamén chega o tempo de despedirnos de vos. Pero esta despedida e só momentánea porque esperamos seguir escribindo no verán, pero non vos estrañedes se non é con tanta regularidade, seguramente que estaremos estudiando...
Temos dous meses para gozar do momento: ir a praia e cantar alí " ¡ aguanta a nevera, María aguanta a nevera, aguanta a neveeeeeeeeeraaaaaa!, o campo e cantar alí "a raiz do toxo verdeeee, e moi mala de arrincareeeee, pero se non tedes sachoooooos, traemósvoloooooos nós , ¡eeeeeeehi!", para ir a lúa e cantar alí "hai un ghalego na luna, luna; hai ghalego na luna que veu de Chantada", na horta e cantar alí "prantando o seboliño na leira do lado, ascoitei un ruido algho raaaaro..." FESTA!!!!!


Un saúdo para todos os que nos seguen, aiqui estamos para o que vos faga falta. Estamos agradecidos de que nos comentedes.
Un bico para todos, esperemos que teñades un bo verán.

10.6.05

Acordame cando estiveramos alí.

-Onde andas?...
-Estou aiqui no fondo da carrilleira, ........(interferencias).......ó camiño...
-¡Oiote moi mal, oiote moi mal!
-Vin un........... baixou cara Cotobelle........era............
-Pero onde carallo estás,ohhhhh!!!!!!
-..............................................


Eu acordome cando estiveramos alí, a caza do jabalí, un mal día no que non funcionaban os teléfanos móbiles. Pero eu acordome que estiveramos alí.




3.6.05

Cantigas de cego

O outro día escoitamos que nunha aldea de Ourense, raiando con Portugal, queda a última muller que segue a manter a tradición das cantigas de cego. Como se supón, esta muller é cega de nacemento pero co seu canto dalle un pouco de alegría a esta aldea condenada a morte. Acórdanos como se fora hoxe o comezo da cantiga.Dí así:

Son sega de nasemento
non conoso pai nen nai
so conoso as anduriñas
que me alegran a mañá
Os nosos parabéns para esta muller, e esperamos que non se perda nunca esta fermosa tradición.