13.9.05

Vista dende o faro

Non será doado borrar ese amencer da miña memoria como tampouco será doado esquezer que ti non estabas ó meu carón cando o sol douraba na mañá.Ver nacer ó sol nese mar de néboa fíxome descubrir o fermoso que pode chegar a ser ó mundo pero sen ti parece non ter sentido...

6.9.05

A bufanda de cores

Lucía camiñaba pola rúa envolta na súa bufanda de cores, sentíase realmente ben cando a levaba, era a mesma calor que sentia cando el a apertaba. Tiña medo de camiñar e non chegar a ningunha parte, a soidade enfriáballe o corpo. Avanzou uns pasos pola calle mollada ata que chegou a una cafeteria. Sentou nunha mesa, sacou a bufanda e pediu un chocolate quente para revivir. Mentres o tomaba colleu o paquete que el lle regalara polo seu aniversario do seu bolso, abriuno.Era un libro, na primeira páxina leu..esta vez xa non hai lugar para a esperanza...Despois de lelo levantouse e marchou. Deixou naquel café a Joyce, a bufanda de cores e a esperanza que sentia cando el a apertaba. Saiu a rúa e quixo camiñar ata chegar a ningures..

1.9.05

O fin da verbena

Remata o tempo da verbena, das romarias, das festas campestres, e con el remata as horas de lecer e as longas tardes inesquecibeis. O verán trouxo con el ledicia e felicidade.
A verdade e que disfrutamos de cada momento, aínda que apenas pisamos a area da praia e cambiamos a auga salgada do mar por un recuncho da piscina, sempre ateigada de xente.
Botaremos de menos Viveiro, os concertos, as moitas festas que disfrutamos: sobor de todo as do Carme (que deron fin onte) e especialmente o día da Empanada, onde o viño corria polas gorxas como corren as horas neste mes de setembro que comeza.Tamen as xuntanzas con amigos de nunca e de sempre que chegan nos meses de sol e marchan cando o inverno comeza a ensinar a sua fria realidade.
Pero non todo e malo, o curso que inevitablemente comeza tamen pode deixarnos bos momentos, ou polo menos iso e o que esperamos del.


Benvidos a todos os ciberamigos dende os pendellos.