27.5.05

ECHE O QUE AI

Alá foi todo, foise como nos imos nós, sen darnos conta,sen facer ruído...
hoxe que tiñamos gañas de traballar!!!!
( borróusenos o texto, ECHE O QUE AI )

Pareceres do traballo

Ultimamente vimos escribindo relatos breves e sinxelos pero hoxe e un día raro, temos gañas de traballo.
E imos falar de eso,de traballo. velaí vai:
Según de quen proveña, o traballo pode ter varias definicións.
1.A do dicionario; actividade,ocupación dunha persoa.ESFORZO.
2.Un político; arrepañar o máximo diñeiro posible e sentarse a firmar papeis.
3.Un peón; carretar cousas, esperar a hora do xantar e sentarse a sombra cando se quece.
4.Delincuente; gañar para comer,quitándolle a quen lle sobra.

5.A nosa;non pensar moito nil,e ilo levando antes que il te leve a ti.


CAL É A TÚA?????

20.5.05

Rapidamente breve

Antesdata: polo éxito do artigo anterior, imos publicar outro.Este debe ser lido na maior brevidade posible(sobor 15 segundos).

Estaslendountextoquepartedunhaideaabstractaleloconentusiasmoporquesaesedohabitual
vaspensandodequefalaráecandoacabesdelelodarastecontadequenondinadaperoquedarache
unsorisonacara.

18.5.05

a contrareloxo

Quedan 3 minutos de clase, imos facer historia publicando o artigo máis rápido da historia dos blogers da clase...
Dous minutos...as ideas non chegan a cabeza...
Un minuto...bo, QUEDA PARA OUTRO DÍA!!!!!!

Ring,Ring,Ring.....

13.5.05

Unha semana alonxada da rutina

Está ben que a xente se interese máis pola poesía, que millor xeito de facelo que tendo unha semana da poesía no I.E.S.
O primeiro día da semana comezamos arrendando o noso salón de reunións. Estivemos unha hora para lograr colocar o mellor posible os traballos feitos por nós na pasada avaliación. Pola tarde, despois de xantar, estivémoslles explicando ós alumnos do primeiro ciclo da Eso a nosa forma de ver a poesía.
Chegou o martes e nós seguimos contándolles as nosas movidas sobre a poesía. Xa na tarde, organizouse un obradoiro de poesía para que quixese participar, non fomos moitos a verdade, uns traballaron e outros a maiores aínda botaron unhas risas. Alí estaban de organizadores un dos que esta a escribir eiquí, a maiores de Tania, Soraya e Celia que axudaron no que puideron.
O mércores foi o día grande, ou porque pensades que esta no medio da semana? Presentáronse no recinto dous poetas, ben admirados por nós. Recitaron algunhas das súas poesías pechadas cun gran aplauso da xente que asistiu o seu encontro. Maria Lado e Igor Lugrís, que aínda non dixéramos os seus nomes, mostraronse moi amables e felicitáronnos polo noso traballo.
Xoves, día de poesía na rede, con Figueiras de xefe. Algúns animaronse e descubrimos páxinas moi interesantes.
Venres, ou sexa hoxe. No recreo que vai ser agora, ten lugar o recitado de poesía que pecha o evento.
Oghallá se volva repetir en anos vindeiros esta esperiencia que nos achega a este mundo que tanto nos gusta e que tan pouco coñecemos.
Un saúdo para todos os lectores que hai tempo que non o facemos.