19.10.05

fenómenos mediáticos

Ante as peticións de numerosos segidores do blog, un elemento dos que escribía neste espazo vai publicar un texto.Espero que os lectores entendan un posible deterioro no contido.Como lle dixeron a un amigo meu na rúa unha rapaza que non coñecía de nada " Xa había tempo oh, xa había tempo" ( isto évos certo). pero bueno, hoxe iso non toca.
Hoxe vou falar dun estrano fenómeno mediático, que é tema de conversa nas cafeterías,restaurantes e tamén dos fins de semana. é un fenómeno coñecido como BANDOLERO.Conseguín informarme sobre o asunto, e logrei xuntar algunhas das súas características.Velaí van:
eu sei que a noite ten un dente negro
e tamén sei que non hai no mundo empaste
para tapar tal desastre.
agora seica chamaron as multinacionais
haber se a volven ó tempo dos pañais!
Dixéronme que chora unha estrela
porque ninguén se fixa nela
eu voulle ofrecer unha cerveza
haber se llo quito da cabeza.
...
E ó final todos acaban berrando, BANDOLERO!!. Curioso fenómeno, si señor. advertencia: anda con ollo ti tamén o podes ter.