18.3.05

Hasta outra

Chega a Semana Santa, polo que hai que descansar. E como non ía ser menos tamén o faremos no blogger.
Esperamos que vos gustase a nosa forma de contar as cousas, porque nisto faise o que se pode e que nos siguades visitando durante todo iste tempo.
Gustaríanos que nos comentárades o voso parecer.
Volveremos a escribir o venres seguinte do comezo das clases se non hai ningunha novidade. Esperemos que disfrutemos e disfrutedes para chegar con forzas a terceira avaliación que vai ser...
¡ Bueno, HASTA OUTRA !
Ana
Rafa

15.3.05

Un becho pouco visto

O cozarello é unha especie moi rara nestas terras. Onde hai ben diles é alá por Monforte. Dixeronnos que no luscofusco é cando se poden ver algúns.
Imosvos contar a historia que lles aconteceu a tres amigos nosos na súa chegada a Monforte (ían facer un ciclo de agraria), e seica teñen unha finca de moitas hectáreas con montes no medio e todo. O que pasou foi que os poucos días de chegar alí, e como eran primeirizos no lugar, contáronlles a historia do cozarello. E esta historia ben a decir así:
O cozarello (especie apreciada pola súa nutritiva carne) hai que ir buscalo entre o día e a noite, como xa dixemos antes. O truco para collelo e ir cun saco nin moi grande nin ca boca moi pequena, e ir repetindo polos sitios onde hai máis maleza: ¡ UN, DOS, TRES, CATRO, COZARELLO Ó SACO ! Ó primeiro a sorte non vos é moi boa pero ó ir pasando os minutos e ir caendo a noite van saindo do seu cocho.
Istes amigos nosos seica non tiveron moita sorte na súa busca, pero se vos queredes intentalo xa sabedes o que tedes que facer. ¡ E haber se tedes máis sorte que estes probes rapazes !

11.3.05

Destrucción

Fai hoxe un ano, Madrid despertaba co ruído das bombas, bombas que levaron consigo as vidas de moitas persoas que facían a súa rutina diaria e que non contaban atopar a morte ó sair da casa.
Pero cousas parecidas a estas acontécenvos no mundo deica pouco a diario, senón a diario, semanalmente. Pasa, que estamos afeitos a ver nos medios de comunicación cousas do tipo de: decenas de mortos en Palestina, coche bomba mata a trinta persoas en Irak; e outras como: soldados estadounidenses torturan a presos Irakís, tropas nortamericanas bombardean un vehículo cun prisioneiro recén liberado...
Pero a este terrorismo ninguén lle di nada, e como os mortos son "os de alá", aínda mellor.
Ven eiquí ó caso una canción dos Suaves de Ourense (grupo que nos gusta moito), que di así:



Do oriente chegan catro xinetes
son mensaxeiros de odio e de morte
son o terror, irmáns,guerra inclemente
que arrastrará cruelmente feridos polas súas mans
corpos sin vida os que onte foron ós séus irmans.
Levas o rencor dun fusil
porque ti non sabes que os odios
son semillas de destrucción.
O teu deus teno todo, ti nada tes
pero sin embargo matar podes
virtude ser inhumán, ¡ moi ben irmán !
fanático iracundo, que podes nun segundo
namentres falas de liberdade arrasas o mundo
Levas o rencor dun fusil
...
Cavou o mundo a súa tumba, volveuse tolo
non se respeta ó home, non se respeta o voto
Odias ó teu veciño, mentres rezas a Deus
nadan mortos no río que a Cristo bautizou
de día contra a guerra, navallas despóis do sol.
Levas o rencor dun fusil
...
Galernas no norte é o sur de España
medo negro, perfidia branca.
Comtempla o mundo irmán e pensa un pouco
ser libre non é ser tolo, ser xusto non é ser forte
defende a túa liberdade ata morte.
Levas o rencor dun fusil
...