tag:blogger.com,1999:blog-10299962.post-1125528370201925512005-09-01T00:20:00.000+02:002005-09-01T00:48:40.236+02:00O fin da verbenaRemata o tempo da verbena, das romarias, das festas campestres, e con el remata as horas de lecer e as longas tardes inesquecibeis. O verán trouxo con el ledicia e felicidade.
A verdade e que disfrutamos de cada momento, aínda que apenas pisamos a area da praia e cambiamos a auga salgada do mar por un recuncho da piscina, sempre ateigada de xente.
Botaremos de menos Viveiro, os concertos, as moitas festas que disfrutamos: sobor de todo as do Carme (que deron fin onte) e especialmente o día da Empanada, onde o viño corria polas gorxas como corren as horas neste mes de setembro que comeza.Tamen as xuntanzas con amigos de nunca e de sempre que chegan nos meses de sol e marchan cando o inverno comeza a ensinar a sua fria realidade.
Pero non todo e malo, o curso que inevitablemente comeza tamen pode deixarnos bos momentos, ou polo menos iso e o que esperamos del.

Benvidos a todos os ciberamigos dende os pendellos.

usahttp://www.blogger.com/profile/17905002664024982785noreply@blogger.com3